Quen Somos

asemblea carralA Asemblea Cidadá de Carral é un movemento político e social asembleario que pretende gañar carral para a veciñanza. Trátase dun espazo de confluencia das xentes da esquerda transformadora do municipio carralense, onde organizacións políticas e sociais xunto coa cidadanía non organizada compoarten proxecto e contruen alternativas en igualdade.

Pulamos por un novo xeito de facer política, baseado na ética, na transparencia e na democracia participativa, que situe aos veciños e veciñas no centro da actuación municipal.

O noso obxectivo e poñer o concello ao servizo das persoas mediante a aplicación de políticas económicas e sociais que promovan a equidade, igualdade de oprtunidades e mellora da calidade de vida da veciñanza desenvolvendo, de xeito público e participado, máis e mellores servizos á cidadanía.

Apostamos por un novo modelo produtivo baseado na sustentabilidade onde a economía verde e a eficiencia enerxética xoguen un papel determinante. Aspiramos a explotar os recursos naturais do concello de maneira racional e aproveitar a grande riqueza natural do noso concello, na actualidade desaproveitada, para xerar emprego estable e de calidade.

Estamos convencidos da necesidade de aplicar políticas públicas que permitan avanzar cara a soberanía alimentar e enerxética, e así estar en disposición de garantir unha vida digna para todas e todos.